
Xiz,
O golpeo rítmico do anaco de xiz
sobre o encerado.
Toctoc, toctoctoctoc, toctoc...
Vanse conformando caracteres
case imperceptibles para o ollo humano...
...ás nove menos cuarto da mañá.
A superficie verde,
pouco a pouco, vaise convertindo
na lobeira de relatos apaixoantes
(outros non tanto) de revolución e cambio,
o xiz vai dándolle forma a un camiño percorrido
durante dous curtos e intensos anos,
vai dándolle apariencias coherentes,
en cadros sinópticos que estruturan
un discurso inconexo
e o transforman
en Historia
...
en Xiz-toria.
O golpeo rítmico do anaco de xiz
sobre o encerado.
Toctoc, toctoctoctoc, toctoc...
Vanse conformando caracteres
case imperceptibles para o ollo humano...
...ás nove menos cuarto da mañá.
A superficie verde,
pouco a pouco, vaise convertindo
na lobeira de relatos apaixoantes
(outros non tanto) de revolución e cambio,
o xiz vai dándolle forma a un camiño percorrido
durante dous curtos e intensos anos,
vai dándolle apariencias coherentes,
en cadros sinópticos que estruturan
un discurso inconexo
e o transforman
en Historia
...
en Xiz-toria.
Diego Salgado Travanca
Adicado a Julián por facernos comprende-la Historia doutro xeito distinto e porque mo pediu. Moitas apertas, compañeiro, recordaráseche por sempre. Deixaches pegada en nós.
Adicado a Julián por facernos comprende-la Historia doutro xeito distinto e porque mo pediu. Moitas apertas, compañeiro, recordaráseche por sempre. Deixaches pegada en nós.

4 comentarios:
Qué detalle hasta la disposición del texto eh!
Muy bonito diegales, if I were Julián, me emocionaría :D
Angileptol
Sabes que soy formalista, cuido los detalles...
Gracias por la valoración, tú. ^^
If I were Juli, I would believe that I have died
XD
paranoias
mira que te gustan las onomatopeyas
pue sahí va una
run run XD
bonito detalle , bonito poema
chuic chuic
lu
COMENTARIO DE TEXTO
( from Julián, of course, emocionado)
Como buen alumno adolescente (ejem) lo entrego algo tarde.
O poema que agora teño o gusto de comentar é unha clásica obra pertencente ao "movemento amósase andando" que segue Diego Marley Salgueitid.
Nos aspectos formais caracterízase polo emprego de recursos sensoriais dende as onomatopeyas ( o sí ma topeyas, depende) "toc,toc" ata os recursos visuais na liña do caligrama.
Dende o punto de vista do contido o poema reflexa traumas moi asentados na personalidade do autor, posiblemente inducidos pola exposición reiterada ao polvo de xiz. Vexamos.
. A imaxe que encabeza o poema lémbranos o seu carácter incendiario en consonancia coa ideoloxía rouge et noir do autor.(a piromanía, coma a licantropía ten tratamento, conste)
. As referencias horarias, ao esvaecemento da realidade nesas horas "case imperceptibles" reflexan o trauma vivido polo autor en repetidas madrugadas "xízicas"
. Novamente o tempo deixa traslucir as feridas da alma referíndose contradictoriamente a anos curtos pero intensos ( "amos", que se lle fixeron eternos, non sabía cando ían rematar)
. E para rematar o pesadelo nocturno dos cadros sinópticos-hipnóticos que semellaban dar realidade a algo que non a tiña ou era un "discurso inconexo" ("inconejo" en castelán).
En fin unha mágnifica obra que pasará a historia do movemento poético en rojinegro bienestar anarcosindicalista.
PD. Gracias.snif, snif
Publicar un comentario en la entrada